sábado, 7 de xuño de 2014

APARICIÓN ÓS DISCÍPULOS

Evanxeo
Domingo de Pentecoste, Xn 20, 19-23

Naquel día, o primeiro da semana, ó serán, estando pechadas as portas onde estaban os discípulos, por medo dos xudeus, chegou Xesús, e, poñéndose en medio, díxolles:
- Paz convosco.
Dito isto, mostroulle-las mans e mailo costado. Os discípulos alegráronse, vendo ó Señor. El díxolles outra vez:
- Paz convosco: como o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós.
E dito isto alentou sobre eles, e díxolles:
- Recibide o Espírito Santo: a quen lles perdoéde-los pecados, quedaranlle perdoados; a quen llelo reteñades, quedaránlle retidos.




luns, 2 de xuño de 2014

ALEGRÁDEVOS COMIGO!

E cando a atopa, volve todo contento para a casa, con ela no lombo; e, chamando por amigos e veciños, dilles: "Alegrádevos comigo, que atopei a ovella que perdera". Pois asegúrovos unha cousa: no ceo haberá máis alegría por un pecador que se converta ca por noventa e nove xustos que non precisan conversión. (Lc 15, 5-7)




venres, 30 de maio de 2014

MISIÓN DOS DISCÍPULOS

Solemnidade da Ascensión do señor
Evanxeo Mt 28,16-20, ciclo A

MISIÓN DOS DISCÍPULOS
Os once discípulos fóronse para Galilea ó monte onde Xesús os citara. E véndoo, prostráronse ante el, anque algúns dubidaban. Xesús, achegándose, díxolles:
- Déuseme todo poder no ceo e mais na terra. Ide, pois, e facede discípulos meus a tódolos pobos, bautizándoos no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo; ensinándolles a gardar canto vos mandei. Asegúrovos que eu estarei sempre convosco ate a fin do mundo.




Imaxes de Fano (Diócese de Málaga)

mércores, 28 de maio de 2014

AS VIAXES DE SAN PAULO


San Paulo, despois da súa conversión, iniciou unha intensísima actividade misioneira dirixida sobre todo a predica-lo Evanxeo entre os que non pertencían ó pobo xudeu.
Para iso fixo tres longas viaxes apostólicas, entre os anos 46 e 60. San Paulo escribiu 14 cartas ou epístolas a diversas comunidades cristiás e a discípulos seus.
  1. Na primeira viaxe Paulo evanxelizou a illa de Chipre e a parte oriental de Asia Menor (Feitos 13, 1-14).
  2. Na segunda viaxe Paulo evanxelizou Macedonia e Grecia e visitou as igrexas xa establecidas (Feitos 15, 36 a 18, 22).
  3. Na terceira viaxe, Paulo evanxelizou máis intensamente a parte occidental de Asia Menor, en especial a cidade de Éfeso, e volveu visitar diversas comunidades (Feit 18, 23 a 21, 16).
San Paulo fixo unha cuarta viaxe -chamada viaxe de catividade- camiño de Roma, onde morreu decapitado durante a persecución do emperador Nerón, cara ó ano 67.

venres, 23 de maio de 2014

ESPÍRITO DA VERDADE

"A quen me ama amarao meu Pai, e amareino eu e manifestareime a el" (Jn 14, 21b).








A PROMESA DO ESPÍRITO

Evanxeo 6º domingo de Pascua, ciclo A
Xn 14, 15-21
Se me amades, gardaréde-los meus mandamentos, e eu rogareille ó Pai, e daravos outro Paráclito para que decote estea convosco: o Espírito da Verdade. O mundo non o pode acoller, pois non o ve nin o coñece; mais vós coñecédelo, pois permanece onda vós e está en vós. Non vos deixarei orfos; logo volvo onda vós. Un pouquiño máis e o mundo xa non me verá; pero vós habédesme ver, que eu vivo e tamén vós habedes vivir. Naquel día coñeceredes que eu estou en meu Pai, e vós en min, e eu en vós. Quen ten os meus mandamenetos e os garda, ese ámame; e a quen me ama amarao meu Pai, e amareino eu e manifestareime a el.