Os profetas son persoas que recibiron unha chamada especial de Deus. O Señor elíxeos para seren os seus voceiros cunha triple misión:
- denunciar as inxustizas que fan sufrir ós inocentes;
- pronunciar palabras de esperanza en momentos difíciles;
- anunciar a chegada do Mesías que traerá a salvación definitiva.
Ó mesmo tempo, pronuncian palabras de esperanza, consolando ós desterrados e asegurándolles que Deus non abandonará ó seu pobo.
Finalmente anuncian acontecementos vindeiros, uns de castigo polo mal comportamento, e sempre, ó final, de axuda e salvación.
O anuncio máis grande dos profetas é a chegada do Mesías. Un dos descendentes de David virá "para dárlle a boa noticia ós que sofren e proclamar a liberdade ós prisioneiros e o ano de gracia do Señor" (Is 61, 1-2)
Ningún comentario:
Publicar un comentario