As advocacións son distintas maneiras de referirnos á Virxe María ou de nomeala. Estes nomes derivan da devoción do pobo, e fan referencia á nai de Xesús. De calquera maneira que a chamemos, trátase da mesma Virxe María.
A devoción a María calou no pobo cristián dende os primeiros séculos e é venerada mediante imaxes, altares e templos dedicados á súa memoria.
Hai diferentes tipos de advocacións:
- Advocacións que nos recordan algún momento da súa vida: Natividade, Anunciación, Visitación...
- Advocacións sobre a fe dos cristiáns en María: Nai de Deus, Inmaculada Concepción, Asunción...
- Advocacións que nos recordan as axudas que recibimos dela: Amparo, Auxiliadora, Perpetuo Socorro, Esperanza...
- Advocacións que se refiren ó nome do lugar onde se venera: Fátima, Lourdes, Montserrat, Covadonga, Carmen (do Monte Carmelo)...
- Advocacións que se refiren ó sitio onde apareceu: Pilar, Barca, Cova, Mar, Camiño...
Ningún comentario:
Publicar un comentario