Xesús, por medio da súa morte e resurrección, realizou a nova alianza entre Deus e a humanidade. Desta alianza naceu o novo pobo de Deus, que é a Igrexa, instituída por Xesús e dotada co don do Espírito Santo.
A Igrexa é, pois, un pobo universal en que ten cabida toda a humanidade. Xesús está nel e ofrece a súa salvación ó mundo enteiro.
Este pobo ten unha serie de características que o fan diferente doutros pobos:
- Chégase a ser membro deste pobo non polo nacemento, senón polo bautismo.
- Ten como cabeza a Cristo.
- A identidade de este pobo é a dignidade e a liberdade dos fillos de Deus en cuxos corazóns habita o Espírito Santo coma nun templo.
- A súa lei é o mandamento do amor, tal como Cristo nola ensinou.
- A súa misión é ser sal da terra e luz do mundo.
- O seu destino é o Reino de Deus.
Adaptación do Catecismo da Igrexa Católica, nº 782.
Ningún comentario:
Publicar un comentario