Ciclo A; Mt 16, 13-20
Confesión de Pedro
Cando chegou á comarca de Cesarea de Filipo preguntoulles ós seus discípulos:
- Quen di a xente que é o Fillo do home?
Eles responderon:
- Uns, que Xoán Bautista; outros, que Elías; outros, que Xeremías ou algún dos profetas.
Insistiu:
- E vos, quen decides que son?
Respondeu Simón Pedro:
- Ti e-lo Mesías, o Fillo de Deus vivo.
E Xesús contestoulle:
- Ditoso ti, Simón, fillo de Xonás; porque iso non cho revelou ninguén de carne e sangue, senón meu Pai que está no ceo. E eu asegúroche que ti es Pedro; e sobre esta pedra vou edifica-la miña Igrexa; e as portas do inferno non prevalecerán en contra dela. Dereiche as chaves do Reino dos Ceos: todo o que ates na terra, ficará atado nos ceos; e todo o que desates na terra, ficará desatado nos ceos.
E mandoulles ós discípulos que non dixesen nada de que el era o Mesías.
Ningún comentario:
Publicar un comentario