venres, 29 de agosto de 2014

COMO SEGUIR A XESÚS

Evanxeo XXII T.O. 
Ciclo A; Mt 16, 21 27
Como seguir a Xesús
Desde aquela empezou Xesús a aclararlles ós seus discípulos que tiña que ir a Xerusalén, e que alí o ían facer sufrir moito os anciáns, os sumos sacerdotes e os letrados; que o ían executar e que ó terceiro día había resucitar.
Pedro, colléndoo á parte, empezou a rifar con el, dicindo:
- Deus te libre, Señor; a ti non che pasará nada diso de maneira ningunha.
Pero el, volvéndose, díxolle a Pedro:
- Arreda de min, Satanás! Ti es un tentador para min, porque non te deixas guiar por Deus senón polos homes.
Entón díxolles Xesús ós seus discípulos: 
- Se alguén quere vir comigo, que renuncie a si mesmo, que cargue coa súa cruz e que me siga. Porque quen queira poñer a salvo a súa vida, perderaa; pero quen a perda pola miña causa, poñeraa a salvo. Pois, de que lle serve ó home gaña-lo mundo enteiro se perde a súa vida? E que pode dar un home para recobra-la súa vida? Porque o Fillo do home ha vir coa gloria de seu Pai entre os anxos; entón pagará a cadaquén conforme a súa conducta.



SEGUIR A XESÚS

Entón díxolles Xesús ós seus discípulos:
¬Se alguén quere vir comigo, que renuncie a si mesmo, que cargue coa súa cruz e que me siga.
(Mt 16,24).
Debuxos para ilustra-lo seguimento de Xesús:




xoves, 28 de agosto de 2014

SANTO AGOSTIÑO. DEBUXOS.

28 de Agosto: Santo Agostiño de Hipona.

Debuxo de Santo Agostiño para colorar:




Fonte: Dibujos para catequesis.

venres, 22 de agosto de 2014

CONFESIÓN DE PEDRO, DEBUXOS

Debuxos para colorar da confesión de San Pedro:



CONFESIÓN DE PEDRO

Evanxeo XXI do tempo ordinario.
Ciclo A; Mt 16, 13-20
Confesión de Pedro
Cando chegou á comarca de Cesarea de Filipo preguntoulles ós seus discípulos:
- Quen di a xente que é o Fillo do home?
Eles responderon:
- Uns, que Xoán Bautista; outros, que Elías; outros, que Xeremías ou algún dos profetas.
Insistiu:
- E vos, quen decides que son?
Respondeu Simón Pedro:
- Ti e-lo Mesías, o Fillo de Deus vivo.
E Xesús contestoulle:
- Ditoso ti, Simón, fillo de Xonás; porque iso non cho revelou ninguén de carne e sangue, senón meu Pai que está no ceo. E eu asegúroche que ti es Pedro; e sobre esta pedra vou edifica-la miña Igrexa; e as portas do inferno non prevalecerán en contra dela. Dereiche as chaves do Reino dos Ceos: todo o que ates na terra, ficará atado nos ceos; e todo o que desates na terra, ficará desatado nos ceos.
E mandoulles ós discípulos que non dixesen nada de que el era o Mesías.