sábado, 14 de xuño de 2014

ENVIOU Ó FILLO

Domingo da Santísima Trinidade, ciclo A
Evanxeo segundo Xn 3, 16-18

Pois de tal xeito amou Deus o mundo, que lle deu o seu Fillo Unixénito, para que todo o que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna.
Non mandou Deus o Fillo ó mundo para que xulgue o mundo, senon para que por el se salve o mundo. O que cre nel, non é xulgado; mais o que non cre, xa está xulgado, porque non creu no Fillo Unixénito de Deus.

Imaxes de Fano para ilustralo:




sábado, 7 de xuño de 2014

APARICIÓN ÓS DISCÍPULOS

Evanxeo
Domingo de Pentecoste, Xn 20, 19-23

Naquel día, o primeiro da semana, ó serán, estando pechadas as portas onde estaban os discípulos, por medo dos xudeus, chegou Xesús, e, poñéndose en medio, díxolles:
- Paz convosco.
Dito isto, mostroulle-las mans e mailo costado. Os discípulos alegráronse, vendo ó Señor. El díxolles outra vez:
- Paz convosco: como o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós.
E dito isto alentou sobre eles, e díxolles:
- Recibide o Espírito Santo: a quen lles perdoéde-los pecados, quedaranlle perdoados; a quen llelo reteñades, quedaránlle retidos.




luns, 2 de xuño de 2014

ALEGRÁDEVOS COMIGO!

E cando a atopa, volve todo contento para a casa, con ela no lombo; e, chamando por amigos e veciños, dilles: "Alegrádevos comigo, que atopei a ovella que perdera". Pois asegúrovos unha cousa: no ceo haberá máis alegría por un pecador que se converta ca por noventa e nove xustos que non precisan conversión. (Lc 15, 5-7)