O ser humano buscou sempre a felicidade por diferentes camiños.

Nas benaventuranzas, Xesús sinala un camiño novo que leva á felicidade. Xesús recoñoce a dignidade das persoas e declara ditosos ós grupos humanos excluídos, considerado de ordinario malditos e desgraciados pola sociedade. Iso era algo totalmente novo e verdadeiramente liberador para a xente marxinada.
As benaventuranzas propoñen unha serie de valores que levan á autentica felicidade: misericordia, sensibilidade, pobreza, desprendemento, limpeza de corazón, humildade, traballo pola paz, loita pola xustiza.
Xesús dirixe o sermón das benaventuranzas non só os seus discípulos, senón á multitude, que se amorea para escoitalo.
As benaventuranzas expresan o estilo de vida que Xesús propón para seguir o camiño do amor e ser felices. Neste camiño, Xesús de Nazaret amósase como modelo e exemplo que hai que seguir.